Ecocamiño. O proxecto

O camiño de Santiago é un dos recursos turísticos máis importantes de Galicia, con todo, a gran influenza de visitantes pode supoñer impactos negativos nunha contorna de gran vulnerabilidade.

O ano pasado e a pesar da pandemia, chegaron a Santiago de Compostela, máis de 347.538 peregrinos (datos da Oficina de Peregrino), procedentes no seu maior parte de España. Se queremos que o Camiño de Santiago conserve o seu potencial como recurso turístico sen menoscabar a riqueza natural e cultural da súa contorna, debesen promoverse unha serie de boas prácticas para o #gozar do camiño. Ademais, débense promocionar os recursos turísticos menos saturados e que poidan supoñer un maior beneficio, desde o noso punto de vista, entendemos que son os recursos no rural galego.

A orixinalidade de Ecocamiño é a súa capacidade para abordar de maneira integral todos os camiños…

A tal fin, Tysgal como empresa galega e concienciada que riqueza territorial dos camiños xacobeos e por extensión de Galicia, tivo a idea de crear unha web que permita concienciar e difundir un Camiño Xacobeo sostible (boas prácticas, proxectos sostibles, etc). O proxecto foi seleccionado pola Xunta de Galicia como un dos 200 proxectos encargados da dinamización do Xacobeo 2021. Nace así Ecocamiño.

A orixinalidade de EcoCamiño é a súa capacidade para abordar de maneira integral todos os camiños desde a perspectiva da sustentabilidade e cun alcance xeográfico que abarca a cada un dos concellos polos que discorren os camiños. Cabe dicir que actualmente xa existen proxectos que abordan a sustentabilidade dentro do camiño, pero fano de maneira sectorial ou afectan a un camiño ou un tramo do mesmo sen ofrecer unha aproximación integral.

O proxecto pretende ser un espazo de coñecemento do camiño e de posta en valor do respecto o medio cun carácter supramunicipal sen restricións xeográficas. Este proxecto ten a intención de ser un altofalante dos proxectos sostibles que levan a cabo ao redor do camiño, apoiando o talento emerxente. Ecocamiño promocionará os proxectos vinculados aos camiños xacobeos que supoñan un claro beneficio social, ambiental ou cultural. Primaranse os proxectos promovidos por actores locais (empresas, organizacións e institucións galegas).

Ecocamiño promocionará os proxectos vinculados aos camiños xacobeos que supoñan un claro beneficio social, ambiental ou cultural.

Ecocamiño apoiarase nesta web o que permitirá ter unha maior repercusión na rede, xa que contan cun bo posicionamento en redes ao contar con miles de seguidores.