Son dous os roteiros xacobeos que atravesan o concello de Valga; dun lado a Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla e doutro o Camiño Portugués.

O Camiño Portugués é considerada a segunda Ruta Xacobea máis transitada fai a súa entrada en Valga no lugar de As Cernadas. Diríxese ata O Pino onde se atopa o Albergue de Peregrinos do mesmo nome. Continúa o seu percorrido a través do monte Albor, entre rutas de auga e antigos muíños. Esta é unha das seccións máis especiais do Camiño: Intégrase na vexetación do bosque e descende en paralelo ó río Valga ata cruzalo xusto antes de entrar na aldea de San Miguel. Os peregrin@s teñen a súa disposición o necesario para un merecido lecer antes de continuar o seu camiño. É de visita obrigada a Igrexa Neoclásica de San Miguel e a súa reitoral. A ruta continúa pola aldea de Cimadevila onde destacan as súas fontes e lavadoiros. Nun sendeiro de descenso, o viaxeir@ deixa Valga para
continuar o Camiño cara Compostela …

Antes del sair del ayuntamiento recomendamos una visita a la laguna de Mina Mercedes, una antigua explotación de arcilla a cielo abierto. Su extensión de unos 30.000 m2 hace que sea la laguna más grande de la provincia de Pontevedra, con una profundidad de casi veinte metros en la zona central.

Lagoa Mina Mercedes

Ó seu redor conta cun paseo con zonas arboradas e diversas áreas de descanso e miradoiros. O espazo forma un ecosistema de gran valor natural onde habita unha variada fauna avícola. Considérase un punto clave para ó esparexemento e ocio do noso concello nun ambiente familiar.

Tags: , , , ,