Co obxectivo de mellorar a accesibilidade e facilitar a visita a Santiaguiño do Monte, o Concello de Padrón instalou iluminación tipo led ao longo de toda a varanda de ferro que guía o camiño cara a esta área a través de 130 chanzos.

A sustentabilidade foi un dos eixos vertebradores deste proxecto do departamento de Turismo e é por iso que se apostou por luz led, que implica un baixo consumo, e pola instalación na parte inferior desta subida para que non causase ningún tipo de impacto na paisaxe e, ao mesmo tempo, aproveitásense os recursos da contorna.

Esta actuación implica a posta en valor do Santiaguiño, un dos emprazamentos con maior tradición Xacobea, debido a que se identificou como un dos lugares santos nos que predicou o apóstolo Santiago en torno ao ano 40 d. C.

Tags: , , ,