Segundo a tradición, o corpo do Apóstolo Santiago o Maior, foi levado polos seus discípulos a Galicia despois do seu martirio en Xerusalén, no ano 44. A vía de entrada do corpo foi a ría de Arousa e o río Ulla, sendo,a ruta fluvial marítima, a primeira ruta vencellada o Apóstolo. O tramo desta ruta que atravesa o municipio de Valga é, exclusivamente, fluvial. A tranquilidade das augas e as características da súa paisaxe, formada por brañas que albergan unha gran diversidade de fauna, fan deste percorrido un lugar idóneo para conectar coas sensacións atemporais que transmite o río Ulla.

Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla

A Praia Fluvial de Vilarello, o antigo porto de Novo y Sierra, o xacemento do Mercado dos Mouros e o posible enclave Turris Augusti, reforzan a importancia histórica e patrimonial desta ruta que vai mais alá da lenda.

A Praia Fluvial de Vilarello é un espazo natural con área de ocio para a realización de actividades lúdicas e deportivas o aire libre. Conta con diversos servizos como área para autocaravanas, embarcadoiro para barcos de recreo, cafetería, parque infantil e duchas, entre outros.

Tags: , , , ,