O departamento de Turismo do Concello de Padrón deseñou unha completa guía interactiva con recursos escritos, fotografías e vídeos para profundar no Camiño da Pedronía. A través das voces de expertos e historiadores os usuarios e usuarias terán a oportunidade de coñecer os detalles de cada un dos puntos emblemáticos deste roteiro.

Así, esta guía dixital arrinca cun vídeo explicativo sobre a importancia do Camiño da Pedronía, para despois percorrer todos e cada un dos puntos estratéxicos deste roteiro desde Santiago de Compostela a Padrón. A guía inclúe unha listaxe de todas as plantas e flores que se atopan ao longo do traxecto, información sobre as festas tradicionais das áreas polas que transcorre o camiño e cada un dos monumentos, pazos, igrexas ou espazos naturais que atravesarán os peregrinos ao longo deste roteiro. Lendas e tradicións vinculadas á historia destas localidades tamén están recollidas nesta guía, que non se esquece tampouco da gastronomía e os recursos económicos vinculados a Padrón.

Cada ano son máis os peregrinos que visitan Padrón e que solicitan a certificación do Camiño da Pedronía. En 2020, segundo os datos da Oficina de Turismo Municipal, nos meses de verán chegaron a Padrón 1.875 peregrinos.

A través desta ligazón poderase acceder a todos os recursos que o departamento de Turismo do Concello de Padrón pon ao dispor dos usuarios e usuarias.

Acceder ao visor a pantalla completa

Tags: , , ,