Son moitas as persoas que percorren a diario algún dos itinerarios que conforman os Camiños de Santiago . Todos os días do ano, faga frío ou calor; con choiva, vento ou sol e mesmo cunha pandemia mundial.

Son persoas chegadas de diferentes países (de 177 nacionalidades distintas en 2018, segundo datos oficiais) que se moven por un espazo de territorio moi reducido. A presión destes miles de visitantes sobre o espazo lineal do propio Camiño é enorme e seguramente se de en moi poucos lugares do mundo unha concentración tan singular de persoas camiñando cunha mochila ás costas.

A alta concentración de persoas tamén implica unha maior cantidade de lixo e debemos ter en conta que non hai un servizo de recollida de lixo específico para o Camiño senón que cada municipio ocúpase da parte que lle corresponden. Por este motivo e para axudar un pouco nesta tarefa imos dar 5 sinxelos consellos para contribuír a xerar menos lixo.

Descargar
Tags: , ,