O Servizo RE é unha experiencia de desenvolvemento sostible que se leva acabo no concello de Allariz e co que se pretende concienciar a poboación da importancia da reciclaxe e súa vez aumentar a concienciación da cidadanía.
Na actualidade, a problemática dos residuos está vencellada ao desenvolvemento da sociedade moderna, debido á cantidade e á calidade do lixo xerados. O rápido crecemento demográfico, a concentración da poboación nos núcleos urbanos e o emprego de materiais de rápido deterioro, non retornables e non degradables son os factores que orixinan dita problemática. Habitualmente estes residuos elimináronse por vertedura, o cal implicou distintos problemas como son o deterioro da paisaxe, os cheiros molestos pola fermentación dos orgánicos, a polución de augas superficiais e subterráneas, a polución atmosférica ou incendios entre outros.
O obxectivo principal é diminuír a cantidade de residuos que se envían dende Allariz ao complexo de SOGAMA en Cerceda e axudar a reducir a problemática ambiental do seu tratamento coas técnicas actuais. En segundo lugar, a redución dese volume de residuos implicaría un importante aforro na factura do lixo que SOGAMA pasa ao Concello mensualmente, o cal se traduciría nunha conxelación do recibo durante cinco anos. E finalmente, este novo sistema ten unha serie de beneficios á poboación, como son os da creación de postos de traballo asociados á xestión do lixo, a obtención dun abono e substrato de excelente calidade para labores de horta ou xardinería, a maior comodidade para as persoas que opten por un composteiro individual ou a recuperación das antigas esterqueiras no rural.
O Servizo RE desenvolve actuacións de recollida separada e valorización dos biorresiduos destinadas ao fomento da compostaxe in situ. Desenvólvese durante todo o ano e o máis destacable a recollida porta a porta que se fai a hostalería de residuos tanto de vidro coma de orgánicos. Tamén se fai unha recollida de cartón e papel á comercio e a grandes produtores.