O Concello de Padrón realizou unha importante posta a piques dos recursos naturais e turísticos municipais a través das novas tecnoloxías da información, que permitiron unha adaptación e modernización da ferramentas que se ofrecen aos turistas. Un bo exemplo diso é a nova aplicación do Roteiro do Pemento de Herbón, que permite explorar este camiño a través de diferentes vídeos sobre o patrimonio material e inmaterial deste espazo. Ao longo deste traxecto os camiñantes poderanse atopar diferentes códigos QR, que ao escanear presentarán lendas, mitos e historia de cada un dos puntos máis emblemáticos do roteiro. A app está dispoñible en tres idiomas para poder chegar a un amplo número de turistas nacionais e internacionais.
O camiño, de aproximadamente 2 quilómetros, transcorre pola parroquia de Herbón, presenta un itinerario circular no que se poderán admirar elementos patrimoniais e culturais de onte e de hoxe e o pemento protagoniza cada paso. O punto de partida é o Convento de Herbón e o percorrido inclúe a visita á Igrexa de Santa María de Herbón, a zona de cultivo dos pementos, as ‘Pesqueiras’ de Herbón e a carballeira na que se celebra a Festa do Pemento de Herbón.
O obxectivo desta aplicación é crear un camiño sostible e que se adapte ás necesidades dos turistas da actualidade. Supón un paso máis na mellora de recursos turísticos do concello padronés.
A aplicación é accesible a través de https://turismopadron.mobi/ e debe descargarse o código PADRON10. Ademais, dende a páxina web www.turismopadron.gal poden realizarse visitas virtuais 360º de varios destes elementos patrimoniales.