A Festa da Anguía e Mostra da Caña do País teñen lugar a derradeira fin de semana do mes de agosto. Este evento, catalogado de Interese Turístico de Galicia, enxalza e dá a coñecer un dos peixes máis exquisitos do río Ulla e pon en valor a calidade da caña de Valga.

Durante as festas realízanse mostras da elaboración tradicional da augardente mediante a destilación do bagazo da uva, un concurso de cata e a escenificación do conxuro da caña coa posterior degustación de queimada. O desenrolo a festa leva aparellado un programa cultural e musical, o concurso da Tapa da Anguía e outras actividades.

Máis información

Tags: , ,