As contornas naturais son un dos grande atractivos do Camiño de Santiago ademais dun rasgo identitario de Galicia.

Estes espazos non só teñen un alto valor paisaxístico, senón que tamén axudan a promover a saúde e previr as enfermidades. Para axudar no seu defensa e conservación indicámosvos unha serie de pautas para ser un pouco máis ECO Friendly.

Decálogo para disfrutar de la naturaleza

1. Goza da natureza

Está demostrado cientificamente que estar na natureza repórtanos múltiples beneficios e reforza o noso sistema inmunológico. Achegándonos a ela poderemos sentir e comprender que seguimos dependendo dos seus habitantes e procesos. A natureza é a nosa primeira medicina.

2. Prepara a túa visita

As autoridades competentes establecerán se as áreas protexidas e outros espazos naturais están abertos ao público. Comproba a situación do teu destino con antelación para asegurarche de que zonas e servizos estarán dispoñibles. Leva contigo todo o que poidas necesitar. Reserva e respecta os aforos permitidos.

3. Coida sempre da túa saúde e respecta aos demais

Mantén a distancia social de seguridade e toma todas as precaucións posibles para previr a COVID-19. Se visitas un espazo protexido atende ás indicacións do persoal responsable e segue as instrucións de seguridade que se establezan. Leva desinfectante de mans por se non hai auga dispoñible e máscara.

4. Evita zonas moi concorridas

Evita as áreas naturais nas que non poidas manter a distancia de seguridade con outras persoas. Se vas en grupos pequenos ou fas excursións en solitario contribuirás a previr contagios.

5. Segue as recomendacións específicas

Praias e ríos son zonas sensibles nas que prestar especial atención.

6. Coñece os teus límites

Goza da natureza pero pospón actividades novas ou de dificultade para o futuro. Isto axudará aos servizos de emerxencia, axentes ambientais e servizos sanitarios a centrarse na resposta á pandemia. Se visitas áreas naturais ou practicas deportes ao aire libre asegúrache de levar sempre todo o que necesites e que a actividade que realizas está dentro das túas capacidades.

7. Ten presente o teu estado de saúde

Se te atopas mal ou estiveches enfermo ou exposto ao COVID-19 nos últimos 14 días non saias de casa, non fagas excursións nin visites espazos naturais. Sempre poderás gozar das ferramentas de visitas virtuais das que dispoñen moitos espazos. Se te atopas mal ou enfermas durante a túa visita, regresa canto antes ao teu domicilio e/ou diríxeche a un centro de saúde.

8. Non deixes rastro

Cando percorras unha senda ou un camiño no bosque, atraveses unha paraxe natural, acudas a un observatorio de aves ou fagas calquera outra actividade na natureza, lembra: non deixes ningún rastro do teu paso, que non quede ningún desperdicio nin haxa ningunha alteración.

9. Respecta a natureza

Nestes últimos meses de pandemia a natureza tivo un respiro da actividade humana. Procuremos que as visitas sexan respectuosas para non perturbar á flora e fauna. Se transitas ou conduces por camiños rurais extrema a precaución xa que os animais hanse desacostumbrado á presenza humana.

10. Axuda aos negocios de proximidade

Visita áreas naturais próximas á túa residencia e axuda a mellorar a súa contorna económica. Procura elixir empresas locais na contorna próxima para descansar, degustar a gastronomía local; realiza visitas guiadas e compra produtos locais. Co teu gasto axudas á economía local.

Descargar
Tags: , ,