Un intersantísimo proxecto que xira entorno a iniciativas sustentables vencelladas á promoción dos produtos locais e o de Carne de Boi de Allariz.

Este programa caracterízase pola cría de bois en extensivo para producir carne de calidade e comercializar un produto diferente que sirva de dinamizador da nosa hostalería mediante o desenvolvemento dunhas xornadas gastronómicas exclusivas. Ademais esta cría en extensivo , axuda a manter a superficie forestal limpa para evitar incendios e rexenerar pastos.

O Concello de Allariz organiza as Xornadas de Carne de Boi de Allariz dende fai 9 anos. Neste 2021 celebrarase a X Edición na que, como vén sendo habitual, os establecementos de restauración e hostalería de Allariz participan elaborando menús e tapas con Carne de Boi de Allariz.

Estas xornadas celébranse dende o último venres de setembro ata a fin de semana que está máis preto a ponte do 12 de outubro.

Menú 2020
Mapa de establecementos participantes 2020

As xornadas están incluídas no programa Allariz Sabe, que engloba outras actividades como pode ser a Feira de Outono no mes de novembro, organizadas todas elas polo Concello de Allariz.

Tags: , , , ,