Grazas ao Colexio de Arquitectos de Galicia decatámonos desta curiosa proposta do estudo de arquitectura Nacho Gias de Madrid. O certo é que en Galicia calcúlase que existen máis de 30.000 hórreos, moitos deles en estado de abandono, froito do despoboamento rural. Estes arquitectos propoñen unha solución para a súa recuperación, aquí deixámosvola e a ver que vos parece.
O proxecto chámase Walk & hórreo pretende revitalizar un patrimonio en desaparición mediante a creación dunha infraestrutura que faga rendible para os seus propietarios a preservación dun patrimonio de interese xeral. Este proxecto está na web de crowdfunding para proxectos creativos Verkani e xa conseguiu o financiamento necesario.
O obxectivo desta campaña é rehabilitar un primeiro hórreo en Galicia que sirva de exemplo para o resto de propietarios de hórreos.
Perdidos en remotas paisaxes, diariamente desaparecen entre 2 e 3 hórreos. Os cambios nos sistemas de produción agrícola deixáronlles sen uso e os seus propietarios non poden permitirse rehabilitalos. Walk & Hórreo decide non resignarse e propón darlles novos usos. O seu obxectivo é crear unha infraestrutura que faga rendible para os seus propietarios a preservación dun patrimonio de interese xeral.
Darlles un novo uso
O seu obxectivo é converter os hórreos en albergues de peregrinos do Camiño de Santiago. Queremos que se convertan en axentes activos e propositivos da paisaxe e que non sobrevivan froitos de medidas proteccionistas senón que xeren interese polo seu valor comercial.