O comparador de imaxes permite ao usuario coñecer a evolución histórica do territorio (ámbito municipal) polo que transitan os diferentes Camiños de Santiago. 

A aplicación compara as primeiras imaxes aéreas que se fixeron para toda Galicia (Voo Americano do ano 1956) coas últimas imaxes dispoñibles (2017) facilitadas polo PNOA (Plan Nacional de Ortofotografía Aérea) pertencence ao Instituto Geográfico Nacional (IGN) de España.

Ver a pantalla completa

O aplicativo foi desenvolto pola consultora Tysgal, especializada na realización de estudos de medio ambiente, urbanismo e cartografía, a partir da tecnoloxía SIX de Esri.

Tags: , ,