Considerado Ben de Interese Turístico, o Belén Artesanal en Movemento de Valga é renovado anualmente coa finalidade de unificar a tradición relixiosa, cultural e os aspectos máis relevantes da actualidade social.
As figuras e todos os elementos decorativos son confeccionadas de maneira artesá e distribúense sobre unha estrutura con engrenaxes mecánicos que permiten un sorprendente abano de movementos nas distintas escenas. Todo isto conforma un belén único a nivel nacional que é visitado por miles de persoas cada ano, principalmente, na época de Nadal.